Series mundiais de triatlón de Cidade do Cabo.

Ricardo Hernández e María Ortega do noso club, xunto cos galegos Javier Gómez Noya, Uxío Abuín e Melina Alonso participarán esta fin de semana na segunda proba das Series Mundiais 2014, que se celebrará en Cidade do Cabo (Sudáfrica).

A proba feminina, que se disputará o sábado 26 de abril, contará por vez primeira coa participación de María Ortega e Melina Alonso e. Será, sen dúbida, un importante reto pero tamén unha posibilidade de ir sumando puntos ITU, co obxectivo de loitar por unha praza nos Xogos de Río.

A proba masculina terá lugar o domingo día 27 cunha importantísima participación, estaremos pendentes do que faga Ricardo (que adestra no Grupo de Alto Rendemento do CGTD), acode con moita ilusión a esta cita, a pesares de que sabe que será un complicado compromiso dado o altísimo nivel dos competidores. O principal problema para Ricardo, é que aínda non se atopa ao cento por cento, despois dunha lesión. O obxectivo é sumar puntos para o ránking ITU.

A proba de Cidade do Cabo celebrarase na distancia olímpica, é dicir, 1,5 quilómetros de natación, despois realizarán 40 quilómetros de bicicleta e finalizarán cunha carreira a pe de 10 quilómetros. Será a primeira vez que esta cidade sudafricana acolla unha proba das Series Mundiais.

As Series Mundiais contarán este ano con oito probas: Auckland, Cidade do Cabo, Yokohama, Londres, Chicago, Hamburgo, Stockholm e Edmonton (a gran final).

Los comentarios están cerrados.