Hoxe celébrase en Noia o campionato de España de Duatlón contra o reloxo por equipos

O Campionato de España de Duatlón contra o reloxo por equipos celébrase hoxe sábado 22 de marzo, no mesmo participarán un total de 78 equipos masculinos e 29 femininos nas categorías elite e open, o noso club compite con un equipo feminino formado por Marina González, Irene Serrat, Noelia Mora e Nerea Castro.

Mañá domingo celebrarase tamén en Noia o Campionato de España de Duatlón por relevos, unha nova modalidade na que os equipos están formados por tres deportistas e cada un deles realizará un pequeno duatlón (2 quilómetros de carreira a pe, 8 quilómetros de bicicleta e 1 de carreira a pe).

En elite masculino participarán un total de 34 equipos, mentres que na feminina participarán 21 equipos, un dos cales e o do noso club.

Los comentarios están cerrados.