O fin de semana do 12 ao 13 de abril preséntase sobrecargado de competicións para os nosos deportistas. O día 12 celébrase a segunda proba clasificatoria para o Campionato de España de Pentatlón de Idades (prebenxamín a infantil) que se celebrará en Sant Boi, Barcelona, para a que foron seleccionados Lucas Pena e Esteban Basanta na categoría alevín e Andrea Vidal, Martín Freije e Javier Pena na categoría infantil. Ese mismo fin de semana tamén se celebra en Patais, Portugal o Campionato Internacional de Pentatlón para a categoría Xuvenil, na que participarán Aroa Freije e Raúl Blanco. O resto de deportistas en idade escolar competirán na proba clasificatoria do programa “Xogade” de Duatlón que se disputará en Mondoñedo.
Fin de semana intenso para os nosos deportistas.
Posted on