Os nosos deportistas Fernando Alarza e Ricardo Hernández, integrantes do Grupo de Alto Rendemento do CGTD e que Levan varias semanas adestrando en Chile co resto do equipo galego, competirán o sábado 15 de marzo na primeira proba da Copa do Mundo, en Mooloolaba (Australia). Tentarán plantar cara e estar loitando polos primeiros postos.
A Copa do Mundo de Mooloolaba disputarase na distancia sprint (750 metros de natación, 20 quilómetros de ciclismo e 5 de carreira a pé). Hai que recordar que o pasado ano logrou a vitoria Javier Gómez Noya, que este ano non participará.