Fernando Alarza competirá esta fin de semana en Auckland, Nova Zelandia.

Fernando Alarza, membro do Grupo de Alto Rendemento do CGTD, participará esta fin de semana en Auckland (Nova Zelandia) na primeira proba das Series Mundiais de Triatlón 2014. Hai que recordar que Femando estivo a só un paso do podio na Copa do Mundo de New Plymouth (Nova Zelandia).

A proba de Auckland celebrarase na distancia olímpica, 1,5 quilómetros de natación, 40 quilómetros de bicicleta nun circuíto bastante duro e finalizarán cunha carreira a pe de 10 quilómetros.

As Series Mundiais contarán este ano con oito probas: Auckland, Cidade do Cabo, Yokohama, Londres, Chicago, Hamburgo, Stockholm e Edmonton (a gran final).

Los comentarios están cerrados.