Esta fin de semana celebrarase o Campionato de España de Tríatlon Sprint e o de Acuatlón

Esta fin de semana celebrarase en Altafulla (Tarragona) o Campionato de España de Tríatlon na distancia sprint e o Campionato de España de Acuatlón.

O sábado celebrarase o Campionato de España de Tríatlon na distancia Sprint elite, sub 23, júnior e cadete. Comezarán coas probas cadetes (10:30 horas) e cunha enorme participación. Na categoría masculina están inscritos 180 deportistas. Na categoría feminina (10:32) hai 88 deportistas. As distancias son de 750 metros de natación, 10 quilómetros de bicicleta e 2 de carreira a pe.

Na categoría júnior (15:15), hai case cen inscritos na categoría masculina e 23 na feminina. Do noso club competirán Antonio Serrat que foi o bronce no 2013 e tentará lograr o triunfo, e na categoría feminina, competirá a súa irmá Irene Serrat.

En elite a carreira feminina comezará 12:00 horas e a masculina as 13:30 horas, que conta con 100 inscritos e incluso lista de espera. Dos nosos deportistas con opcións de acadar o podio temos a Nan Oliveras e Ricardo Hernández. As distancias en júnior e elite son de 750 metros de natación, 20 quilómetros de bicicleta e 5 de carreira a pe.

Campionato de España de Acuatlón. O domingo será o momento do Acuatlón, no que participarán moitos dos participantes do día anterior. A proba cadete comezará as nove da mañá e cunha importante inscrición (en masculina135 e na feminina 71). As distancias son de 1,5 quilómetros de carreira a pe, 500 metros de natación e 1,5 de carreira a pe.

Ás 09:25 comezará a proba júnior masculina e cinco minutos despois sairán as rapazas. E a continuación, a proba de elite feminina (11:10), a masculina (12:10) e paralímpica (13:10).

Los comentarios están cerrados.