Esta fin de semana celebraranse en Noia os campionatos de España de Duatlón contra o reloxo por equipos e por relevos

O Campionato de España de Duatlón Contra o reloxo por equipos celebrarase o sábado 22 de marzo (a partir das 14:30 horas), no mesmo participarán un total de 78 equipos masculinos e 29 femininos nas categorías elite e open, o noso club competirá con un equipo feminino. Segundo establece a normativa deste campionato, cada club só pode presentar un equipo na proba elite.

Esta proba disputarase sobre a distancia sprint (5 quilómetros de carreira a pe, 20 quilómetros en bicicleta e 2,5 quilómetros de carreira a pe). Cada equipo pode estar formado por entre 4 e 6 integrantes, que terán unha saída individualizada por club e o tempo queda marcado polo cuarto integrante que chega á meta.

O Campionato de España de Duatlón por relevos é unha nova modalidade que se estrea o domingo 23 en Noia. Os equipos están formados por tres deportistas e cada un deles realizará un pequeno duatlón (2 quilómetros de carreira a pe, 8 quilómetros de bicicleta e 1 de carreira a pe). En elite masculino participarán un total de 34 equipos, mentres que na feminina participarán 21 equipos, un dos cales e o do noso club.

Los comentarios están cerrados.