Copa do Rei e Campionato de España de Tríatlon por relevos, Canet de Berenguer, Valencia.

Canet de Berenguer acollerá esta fin de semana a Copa do Rei de Tríatlon (sábado 10) e o Campionato de España de Tríatlon por relevos (día 11).

Copa do Rei. A proba, que se desenvolve sobre a distancia sprint (750 metros de natación, 20 quilómetros de bici e 5 de carreira a pe)  é unha contrarreloxo por equipos, que están compostos por un máximo de 6 membros e deben rematar polo menos catro para clasificar. O cuarto clasificado é o que da o tempo ao equipo. Os equipos sairán en intervalos de 1 minuto seguindo a clasificación da tempada anterior (en orde inversa), polo que os mellores saen nas últimas posicións. Na proba elite masculina participarán un equipo do noso club.

Campionato de España de Tríatlon por relevos. O domingo 11 celebrarase esta competición na que os equipos están formados por tres deportistas e cada un deles realizará un pequeno tríatlon (300 metros de carreira a pe, 8 quilómetros de bicicleta e 2 de carreira a pe) e da a quenda ao seu compañeiro. A proba masculina comezará ás 13:00 horas coa presenza do noso equipo.

Los comentarios están cerrados.