Copa Panamericana de Valparaíso

Os nosos deportistas que forman parte do Grupo de Alto Rendemento do CGTD, dirixido por Omar González, participarán este domingo 30 de marzo na Copa Panamericana de Valparaíso (Chile). Na proba masculina participarán Nan Oliveras, Antonio Serrat  e Iñaki Baldellou, mentres que na feminina competirá María Ortega. Esta Copa disputarase sobre a distancia olímpica: 1.500 metros de natación, 40 quilómetros en bicicleta e 10 quilómetros de carreira a pe.

Con este tríatlon finalizará a xira do Grupo de Alto Rendemento que comezou no mes de febreiro e que os tivo adestrando e competindo en Chile e Arxentina, con moi bos resultados. Omar está moi satisfeito do traballo que están a desenvolver nestas semanas de dura preparación e no seu rendemento nas probas disputadas (Tríatlon da Vendimia, Tríatlon Mendoza e un tríatlon disputado en Muelle Barón (Valparaíso), sempre situados nos primeiros postos. Ademais, Fernando Alarza logrou magníficos resultados nas dúas copas do mundo disputadas en Mooloolaba (7º) e New Plymouth (4º).

Tralo regreso a Galicia, centraranse no campionato de España de Duatlón de Avilés, xa que o obxectivo é lograr a clasificación para o Mundial de Duatlón que se celebrará este ano en Pontevedra.

Los comentarios están cerrados.