Copa do mundo de Pentatlón Moderno de Exipto.

Cristóbal Rodríguez Fidalgo quedou fóra da gran final da Copa do Mundo de Pentatlón Moderno de El Cairo (Exipto) por só un punto, ao rematar na 37ª posición da clasificación final tralas semifinais disputadas o xoves.

As primeiras noticias que chegaban do Cairo eran positivas, xa que o pentatleta galego comezou con bo pe a proba: Foi o noveno mellor na esgrima e despois rematou na décimo cuarta posición a natación, pero na combinada afundiuse e so logrou a 22ª posición, o que lle fixo retroceder posicións ata rematar na 37ª. Para a final logran o pase os 36 mellores, agora mesmo está de primeiro reserva, se houbese algunha baixa, podería entrar na final.

Recordamos que hai dúas semanas Cristóbal sufriu unha caída do cabalo, na que se deu un bo golpe na cadeira e nas costas, o que lle provoca importantes molestias, polo cal tivo que estar dúas semanas sen poder adestrar, iso pasoulle factura e notouse na proba.

Los comentarios están cerrados.