Compionato Galego de Tríatlon Distancia curta, Sanxenxo, Pontevedra

O sábado 10 de maio terá lugar en Sanxenxo o I Tríatlon Rías Baixas-Campionato Galego de Tríatlon Curta Distancia sen Drafting 2014, coa participación de 340 deportistas.

O Campionato Galego dispútase sobre a distancia olímpica (1.500 metros de natación, 40 quilómetros de bicicleta e 10 quilómetros de carreira a pe), e a saída, boxes e meta están situadas no Club Náutico de Sanxenxo. A principal novidade deste ano é que se disputarán sen drafting, é dicir, estará prohibido ir a roda doutro ciclista ou circular en pelotón.

A proba comezará ás oito da mañá na praia de Silgar e entre os participantes hai importantes triatletas. Na carreira feminina destaca a nosa deportista Irene Serrat.

Los comentarios están cerrados.