Tamen grandísima actuación dos deportistas do Terras de Lugo, na primeira proba do Circuito Galego de Duatlon de Estrada 2014, que se celebrou no Carballiño.
Entre as féminas, gañou a proba a deportista da A.D. Tri-penta Terras de Lugo. Maria Ortega; sendo 3ª Marina Gonzalez e 7ª e 1ª Junior Irene Serrat, o que lles deu o titulo de clubs.
Entre os homes , os dous primeiros clasificados, foron Nan Oliveras e Ricardo Hernandez que fixeron unha gran carreira, amosando un gran estado de forma, antes de partir xunto a outros compañeiros e o adestrador Omar Gonzalez, a unha xira por Sudamerica. O 3º home da A.D.Tri-penta Terras de Lugo foi Diego Calvete no posto 33, e asi obtiveron tamen o titulo de Campións .