Campionato de España de Duatlón de Avilés.

Esta fin de semana celébrase en Avilés o Campionato de España de Duatlón. O sábado 5 de abril son as probas cadete, paraduatlón e os grupos de idade, mentres que o domingo 6 serán as elite e júnior.

En Paraduatlón competirá como representate do noso club Diego Calvete, aínda ten que pasar o recoñecemento médico para saber en qué categoría competirá, porque é a súa primeira proba en paratriatlon. Digo chega do atletismo e enfronta a súa primeira tempada no noso deporte. As distancias serán de 5 quilómetros de carreira a pe, 20 quilómetros de bicicleta e 2,5 de carreira a pe.

O domingo 6 de abril, a primeira das probas en celebrarse será a júnior masculina (09:00 horas), onde as principais aspiracións galegas están postas en Antonio Serrat, recén chegado da súa xira por Chile e Arxentina cos integrantes do Grupo de Alto Rendemento do CGTD. O pasado ano, no Campionato de España de Duatlón disputado en Pontevedra foi prata. Na categoría feminina participará Irene Serrat. As distancias serán de 5 quilómetros de carreira a pe, 20 quilómetros de bicicleta e 2,5 de carreira a pe.

Los comentarios están cerrados.