Aroa Freije e Raúl Blanco disputarán esta semana o campeonato do mundo xuvenil de Pentatlón Moderno

Aroa Freije e Raúl Blanco participarán esta semana no Campionato do Mundo Xuvenil de Pentatlón Moderno que se celebrará en Budapest (Hungría).  Os deportistas viaxaron o luns co obxectivo de meterse na final e despois tentar o mellor posto posible.

 No Campionato do Mundo participarán 200 deportistas de 36 países e ao longo de seis días haberá varias probas: Competición por equipos masculino e feminino, competición individual masculina e feminina e relevos mixtos.

O mércores día 14 celebrarase a proba de equipos, pero os galegos comezarán a competir o xoves. Aroa Freije disputará a semifinal coa firme intención de lograr o pase para a final (so pasan as 36 mellores). O obxectivo é quedar entre as dez primeiras, aínda que será complicado porque competirá unha categoría superior a que lle corresponde por idade (ela aínda é cadete). Sobre todo na esgrima, que foi a última modalidade en incorporar. Desta forma, a clave estará na competición de esgrima.

O venres chegará a quenda para Raúl Blanco na semifinal  masculina, que buscará o pase para a final. As finais celebraranse o sábado 17 (feminina) e domingo 18 (masculina). O Mundial finalizará coa proba de equipos mixtos o luns 19 de maio.

Aroa está realizando unha tempada excepcional, logrou o triunfo na Copa de Europa de Portugal, mentres que na de Cataluña foi bronce e en Birmingham, sexta. Estes resultados colocarona cuarta no ránking mundial para os Xogos Olímpicos da Xuventude.

Pola súa banda, Raúl tamén está facendo unha boa tempada, na que destaca o bronce acadado na Copa de Europa de Portugal.

Los comentarios están cerrados.