Aroa Freije, cuarta no ránking mundial de pentatlón moderno para os Xogos Olímpicos da Xuventude

Aroa Freije segue sorprendendo a todos co seu crecemento espectacular día a día. Dende que comezou a centrarse no péntatlon moderno non deixa de superar retos e récords. Actualmente é a cuarta deportista do ránking mundial para os Xogos Olímpicos da Xuventude, que se celebrarán este ano en China, e ademais é a máis nova do top-ten desta lista.

O ránking está encabezado por Anna Zs. Toth (Hungría) deportista coa que coincide habitualmente nas competicións europeas e sempre loitando polos primeiros postos, aínda que Anna é un ano maior, o cal nestas categorías é moi importante. Toth encabeza a lista con 145 puntos, mentres que Aroa é cuarta con 98 puntos. Na segunda posición está a rusa Sofia Serkina (124) e terceira é a británica Eilidh Prise (115).

Este ano Aroa centrará s súa preparación en mellorar a esgrima, porque foi a última modalidade que incorporou e aínda ten moita posibilidade de mellora, sobre todo para acadar unha maior regularidade. A seleccionadora galega Ruth Ballesteros está traballando este aspecto de forma intensiva coa galega e nos próximos meses realizará concentracións cos mellores especialistas do mundo grazas ao mestre de esgrima da Federación Española de Péntatlon Moderno, Endre Kovacks (Bondi), que ten magníficos contactos en Hungría e Rusia o que lle permitirá a Aroa poder aprender das e dos mellores.

E con esta intensiva preparación, Aroa enfrontará competicións importantísimas nun ano espectacular, xa que disputará Europeos, Campionato do Mundo e Xogos Olímpicos da Xuventude, se todo descorre con normalidade. Dentro duns días participará no Campionato do Mundo Xuvenil, aínda que por idade é cadete, que se celebrará en Budapest entre os días 14 e 19 de maio. Posteriormente terá dúas citas continentais: Disputará o Europeo Xuvenil (17-20 de xullo, Suecia) e o cadete (30 xullo-4 agosto, Sant Boi de Llobregat). E para rematar, os Xogos Olímpicos da Xuventude (China, 22-26 agosto).

Os dous últimos anos deportivos de Aroa están a ser espectaculares. Sempre competindo nunha categoría superior á que lle correspondería por idade, segue acadando éxitos y en España ninguén se lle achega nin de lonxe. Así, como campioa de España comezou a enfrontar competicións a nivel Europeo e tampouco aquí decepcionou. No 2013 logrou un fito histórico ao acadar unha medalla de bronce no Europeo cadete e converterse no primeiro/a deportista galego/a que acadou unha medalla europea no péntatlon moderno.

E no 2014 as cousas non poden ir mellor. Ata agora disputou tres copas de Europa: na de Birmingham logrou a sexta posición (a máis nova das participantes); en Portugal o 12 de abril foi ouro, mentres que na Copa de Europa de Cataluña foi bronce (o 26 de abril).

Los comentarios están cerrados.