Nun fermoso e caloroso domingo puidemos gozar en Nigrán desta competición, que é unha das máis emocionantes no tríatlon, con equipos formados por dous homes e dúas mulleres. Cada un de eles realiza un mini-tríatlon (300 metros de natación, 8 quilómetros de ciclismo e 2 quilómetros de carreira a pé) antes de dar a quenda ao seu compañeiro de equipo.
A loita pola primeira posición estivo apretada ata o segundo relevo. Na segunda posta da carreira a pé, entraron xuntos os nosos deportistas e os do Cidade de Lugo, pero este último logrou abrir distancias. Así a prata foi para o noso equipo (Irene Marsellés, Iago Lorenzo, Edymar Brea e Cristóbal Dios) cun tempo de 1:51:28, ouro para o Cidade de Lugo cun tempo final de 1:47:28 e o bronce para o Arcade Inforhouse (1:52:22).