Somos unha Asociación Deportiva creada a finais do ano 2013, a nosa sede está en Lugo, de onde son unha gran parte dos nosos deportistas, pero tamén contamos con moitos doutras comunidades e mesmo algún estranxeiro. Temos federados Pentatletas e Triatletas, nun amplo abano de idades que van dende nenos e nenas en idade escolar ata veteranos/as, algúns dos cales está na elite tanto nacional coma internacional.
A nosa finalidade é potenciar a práctica do Triatlón e Pentatlón, mellorar o desenvolvemento físico e intelectual, fomentar o traballo en equipo, o compañeirismo, a igualdade e prevención contra a drogadicción. Participar no maior número posible de competicións, dende probas locais a eventos internacionais, intentando conseguir os resultados máis satisfactorios para os nosos atletas.
XUNTA DIRECTIVA
- Presidente: José Luis Méndez Ruiz
- Vicepresidenta: Esperanza Cobas Dobarro
- Secretario: José Vila Tur
- Tesoureiro: Carlos López López
- Vogal: Francisco Javier Ramos Botana
- Vogal: Ana Prado Prado
- Vogal: Raúl Blanco Porto