Nada-Corre Vilalba 2014

O sábado 8 de febreiro celebrouse en Vilalba a primeira proba do programa “Nada e Corre” do 2014, unha iniciativa  da Federación Galega de Tríatlon dedicada aos máis pequenos. Bos resultados para os nosos deportistas: En cadete feminino acadou o ouro Aroa Freije e o quinto e sexto posto foi para Lúa Vidal e María González; En cadete masculino Iago Rigueiro conseguiu o bronce; na categoría Infantil masculino Martín Freije obtuvo o bronce e Martín Cando quedou cuarto; As Benxamíns femininas Mercedes Vila e Caludia Gámez conseguiron os dous primeiros postos, e por último Oscar López tamén benxamín conseguiu a prata.

Os comentarios están pechados.