Memoria anual 2018

Este ano 2018 é o quinto que levamos competindo e realizando actividades relacionadas cos nosos deportes, por eso queremos agradecer a todos aqueles e aquelas que traballaron e traballan para conseguir que este modesto club, conseguise grandes éxitos ao longo destes anos. Tamén queremos dar as grazas as institucións, empresas e particulares que coas súas achegas e/ou medios nos axudaron ao longo deste tempo.

En Tríatlon os nosos deportistas participaron en 17 probas internacionais, 20 nacionais e 28 autonómicas; En Péntatlon Moderno, 3 internacionais, 8 nacionais e 2 autonómicas.

A continuación destacamos algúns dos logros deportivos máis relevantes acadados nesta última tempada, xa que enumerar todos faría unha lista moi longa.

Podiums por Club (categoría élite e absoluta)

• Campión de España de Dúatlon Relevos Mixtos
• Campión de España masculino de Tríatlon Longa Distancia
• Campión de España de Biatlón Relevos Mixtos
• Subcampión de España feminino de Duatlón
• Campión Galego masculino de Tríatlon
• Campión Galego feminino de Dúatlon.
• Subcampión Galego de Tríatlon Relevos Mixtos.
• Campión feminino do Tríatlon do Miño
• Campión feminino no Dúatlon Cidade de Santiago
• Campión feminino do Tríatlon desafío Illas Estelas.
• Campión masculino do Tríatlon desafío Illas Estelas.
• Subcampión feminino do Dúatlon Concello de Riveira
• Medalla de bronce feminino no Duatlón Cidade de Lugo
• Medalla de bronce masculino no Tríatlon do Miño.

Podiums por Club (categorías menores)

• Campión de España de Biatlón Relevos Mixtos infantil
• Campión de España de Biatlón Relevos Mixtos junior
• Medalla de bronce Campeonato de España de Biatlón Relevos Mixtos alevín

Podiums individuais (categoría élite e absoluta)

• Subcampión de Europa de Tríatlon olímpico
• Medalla de bronce Series Mundiales de Tríatlon Yokohama
• Campión de España de Tríatlon Longa Distancia
• Campión de España e medalla de bronce de Tríatlon Media Distancia
• Campioa de España de Dúatlon
• Campioa de España de Biatlón
• Campioa de España de Acuatlón
• Campioa e subcampioa de España de Laser Run
• Campión e subcampión Galego de Tríatlon Sprint
• Medalla de bronce fem. campionato galego de Tríatlon Sprint
• Campioa Galega de Tríatlon estándar sen drafting
• Campión Galego de Tríatlon Media Distancia
• Campión e subcampión Galego de Tríatlon Longa Distancia
• Campioa e subcampioa Galega de Dúatlon

Podiums individuais (categorías menores)

• Campioa de España Sub 19 de Laser Run
• Campioa e subcampioa de España junior de Laser Run
• Campioa de España e medalla de bronce Sub 9 de Laser Run
• Campioa de España e medalla de bronce Sub 11 de Laser Run
• Subcampión de España e medalla de bronce Sub 11 de Laser Run
• Medalla de bronce Campionato de España Sub 13 mas. de Laser Run
• Subcampioa de España Sub 13 de Laser Run
• Campioa e subcampioa de España Sub 15 de Laser Run
• Campión e subcampión de España Sub 15 de Laser Run
• Medalla de bronce junior mas. campionato galego de Tríatlon Sprint
• Campioa de España Sub 19 de Biatlón
• Campión e subcampión de España junior de Biatlón
• Subcampioa de España junior de Biatlón
• Campioa e campión de España Sub 15 de Biatlón
• Campioa e subcampioa de España Sub 11 de Biatlón
• Subcampión de España Sub 11 de Biatlón
• Campioa e subcampioa de España Sub 11 de Triatle
• Subcampión de España Sub 11 de Triatle
• Subcampioa de España Sub 13 de Triatle
• Campioa de España Sub 15 de Triatle
• Subcampión de España Sub 15 de Triatle
• Campioa de España Sub 19 de Triatle
• Campioa e subcampioa de España junior de Triatle
• Campioa e subcampioa de España Sub 15 de Péntatlon Moderno
• Campión e subcampión de España Sub 15 de Péntatlon Moderno
• Campioa de España Sub 13 de Péntatlon Moderno
• Campioa de España Sub 11 de Péntatlon Moderno
• Campioa, subcampioa de España e medalla de bronce Sub 9 de Péntatlon Moderno
• Campioa Copa de Europa Sub 15 de Péntatlon Moderno
• Campioa Copa de Europa Sub 11 de Péntatlon Moderno

Ademáis das competicións nas que participaron os nosos e as nosas deportistas, organizamos e colaboramos con diferentes Federacións e Institucións en multitude de eventos e actividades deportivas, tanto a nivel local como nacional, das cales queremos facer unha pequeña referencia:

Eventos deportivos:
• Copa internacional de Péntatlon Moderno e Laser Run, Lugo
• Final provincial Duatlón Escolar, Mondoñedo
• Campionato de España de Péntatlon Moderno categorías menores, Santander
• Campionato de España de Biatlón e Laser Run escolar, Soria
• Campionato de España de Tríatlon Olímpico, Coruña

Charlas e outras actividades:
• CEIP Otero Pedrayo, Rábade
• Asociación Down Lugo
• CEIP Albeiros, Lugo
• CEIP Gándaras, Lugo
• CEIP Luis Pimentel, Lugo
• Escolas deportivas de Mondoñedo

Os comentarios están pechados.