ll Copa internacional de Péntatlon Moderno “Cidade de Lugo”

O próximo día 12 de Marzo o noso club organiza en Lugo a ll copa internacional de Pentatlón Moderno “Cidade de Lugo”, dirixida ás categorías máis novas. Aínda que as probas son desde prebenxamins a cadetes, ambas inclusive, tamén poderán participar, fóra de concurso pentatletas de máis idade.

Esta competición recibe o nome de “Memorial José Carlos Vidal” en homenaxe ao compañeiro da directiva do noso club, que faleceu o verán pasado.

LISTADO DE INSCRIPCIONES

Esgrima: haberá esgrima para a categoría cadete, podendo participar tamén deportistas da categoría infantil que o desexen, aínda que a estes últimos non lles contaría a puntuación para a súa clasificación final.

Igualmente tamén poderán facer esgrima os Pentatletas de máis idade que compitan fora de concurso.

A competición desenvolverase nas seguintes instalacións ou lugares:
A natación realizarase na piscina de Frigsa; a esgrima será no modulo de atletismo de “As Pedreiras” e a combinada (tiro e carreira) desenvolverase entre a pista de atletismo Gregorio Perez Rivera e o módulo de atletismo.

Horarios de Competición:
Está previsto comezar o día 12 de Marzo ás 9 da mañá, coa proba de Natación. As competicións está previsto que finalicen entre as 14:30 e as 15:00 horas.

Hospedaxe: a organización reserva un albergue da Xunta de Galicia con prezos moi alcanzables para federacións e clubs deportivos. Por tanto todas as delegacións deportivas que se acheguen a Lugo o día 11 de Marzo poderán pernoitar no devandito centro, se así o solicitan.

Os comentarios están pechados.