III Copa Internacional de Péntatlon Moderno

Esta fin de semana (3 e 4 de marzo) celebrarase a III Copa Internacional de Péntatlon Moderno (categorías menores) e Laser Run Cidade de Lugo, no que participarán deportistas de distintas partes do Estado español e de Portugal. Ademais, estas probas serán tamén os campionatos galegos de Péntatlon Moderno (categorías menores) e Laser Run (absoluto). Entre os dous días de competición, más de 130 inscricións.

Onte tivo lugar no Concello de Lugo o acto de presentación do evento no que estiveron presentes o vicepresidente da Federación Española de Péntatlon Moderno, Paco Villanueva; o concelleiro de Deportes, Miguel Fernández; o noso presidente, José Luis Méndez e o tesoureiro, José Antonio Blanco.

Polo noso club participarán un importante número de deportistas: Jesús Rego, Chus Dobarro e Vene Liz na categoría Master; Raúl Blanco pola absoluta; Aroa Freije, Espe Cobas e Yolanda Rodríguez na junior; Andrea Vidal, sub19; Iván Rego, Óscar López, Claudia Gámez e Mercedes Vila da sub15; Manu Cobas, sub13; Héctor López, Mireia Vázquez; Mireia Vila e Carla Cortón sub11; e destacamos o debut na competición das nosas prebenxaminas: Thalía Oyono, Ariadna Maira e Lucía Méndez.

O sábado (16:30 horas) celebrarase a proba de Láser Run (carreira e tiro), que está aberta a tódalas categorías e na que tamén se decidirán os campións galegos desta modalidade. Hai en total 67 deportistas inscritos entre os que podemos destacar a Aroa Freije e Raúl Blanco. A proba celebrarase na zona deportiva das Pedreiras.

O domingo (a partir das 9:00 horas) terá lugar a Copa Internacional de Péntatlon Moderno de categorías menores con 64 inscritos. De prebenxamín a infantil, os deportistas realizarán a natación e a combinada (carreira+tiro), mentres que os cadetes tamén farán a proba de esgrima. Portugal acode a esta cita cunha magnífica selección. Tamén será o Campionato Galego de categorías menores.

A natación realizarase na piscina de As Pedreiras, mentres que a esgrima será no módulo de atletismo de As Pedreiras e a combinada (tiro e carreira) desenvolverase entre a pista de atletismo Gregorio Pérez Rivera e o módulo de atletismo.

Os comentarios están pechados.