O fin de semana do 3 e 4 de Marzo o noso club organiza en Lugo a III copa internacional de Laser Run e Pentatlón Moderno “ Cidade de Lugo”. O péntatlon está dirixido ás categorías máis novas e no Laser Run poderán participar pentatletas de todas as idades.
Esta competición recibe o nome de 2º “Memorial José Carlos Vidal” en homenaxe ao compañeiro da directiva do noso club.
Esgrima: haberá esgrima para a categoría cadete, podendo participar tamén deportistas da categoría infantil que o desexen, aínda que a estes últimos non lles contaría a puntuación para a súa clasificación final.
A competición desenvolverase nas seguintes instalacións ou lugares:
A natación realizarase na piscina das Pedreiras; a esgrima será no módulo de atletismo de “As Pedreiras” e a combinada (tiro e carreira) desenvolverase entre a pista de atletismo Gregorio Pérez Rivera e o módulo de atletismo.
Horarios de Competición:
Está previsto comezar o día 3 de Marzo ás 15:30 co Laser Run e con previsión de entrega de medallas ás 19:30 horas.
O domingo celebrarase o Péntatlon comezando ás 8:15 coa proba de natación e entrega de medalla prevista para as 14:20 horas.