II Dúatlon Concello de Arteixo

O 26 de marzo Arteixo acollerá a quinta e última proba do Circuíto Galego de Dúatlon de Estrada 2017, o II Dúatlon Concello de Arteixo, coa participación de máis de 160 deportistas.

A saída, transición e meta estarán instaladas no Campo de Fútbol de Arteixo e as distancias son de 5 quilómetros de carreira a pé, 20 de bicicleta e 2,5 de carreira. Haberá dúas saídas masculinas (11:00 horas – sen corte- e 12:30), mentres que a proba feminina comezará ás 12:40 horas.

Entre os participantes, na categoría feminina está a nosa deportista Marina González e na categoría masculina Jesús Rego.

O Circuíto Galego de Dúatlon de Estrada 2017 está formado por cinco probas: Guitiriz, Lugo, Riveira, Santiago e Arteixo. Está en xogo a clasificación para o Galego de Dúatlon, que se celebrará en Vigo o 9 de abril. O pasado domingo, Edymar Brea e Antonio Serrat venceron no XV Duatlón Cidade de Santiago.

2016. Joselyn Brea e Antonio Serrat proclamáronse o pasado ano gañadores do I Dúatlon Concello de Arteixo, no que participaron máis de 250 deportistas. Este ano non poden participar, Joselyn por estar lesionada e Antonio está a disputar a Copa de Europa de Tríatlon en Gran Canaria.

Os comentarios están pechados.