Convócanse eleccións á Xunta Directiva desta Asociación e rexeranse polas normas seguintes e o calendario indicado a continuación:
Poderán ser electores os membros da Xunta Directiva e os deportistas do club con licenza en vigor que teñan cumpridos os dezaseis anos na data de celebración das eleccións. No caso de menores terá dereito ao voto o seu representante legal: pai/nai ou titor/titora.
Poderán ser candidatos os electores maiores de idade na data de celebración das eleccións e ter unha antigüidade no club de seis meses como mínimo. No caso dos menores de idade poderá presentarse como candidato o seu representante legal: pai/nai ou titor/titora.
Para exercer o dereito ao voto, os socios deben estar ao corrente dos pagos co club. O día da votación deberán acreditar a súa identidade presentado o seu DNI, Pasaporte ou Carné de conducir, que deberán estar en vigor.
As candidaturas estarán formadas cómo mínimo por cinco persoas (Presidente/a, Secretario/a, Tesoureiro/a e dous vogais), sin límite máximo, é dicir poden incluir outros cargos como vicepresidente/a, vicetesoureiro/a, vicesecretario/a e ata cinco vogais.
A información estará a disposición na web do club (www.tripentaterrasdelugo.com)
No suposto de concorrer unha soa candidatura ás eleccións no momento en que expire o prazo sinalado para a súa presentación, procederase a proclamar directamente. No caso de non presentarse candidatura algunha, formalizarase un novo calendario electoral.
Voto por correo. O voto por correo deberá ser solicitado por correo electrónico (tripentaterrasdelugo@gmail.com). O prazo para solicitalo é de cinco días naturais dende a data da convocatoria das eleccións. Unha vez recibida a solicitude, comprobarase si o socio ten capacidade de voto e comunicaráselle si dita solicitude foi aprobada. Serán admitidos todos os votos que cheguen por correo certificado ao apartado de correos do Club (Apartado 166, 27080 Lugo) antes do día da votación. O sobre conterá, por una banda a copia do DNI do socio e por outra un sobre pechado que conterá o nome da candidatura á que vota, que se depositará o día da votación na urna.
CALENDARIO DE ELECCIÓNS A XUNTA DIRECTIVA
• PUBLICACIÓN DO CENSO ELECTORAL na web: www.tripentaterrasdelugo.com
Días 21 a 23 de outubro
CENSO ELECTORAL
• RESOLUCIÓNS DE RECLAMACIÓNS
Días 23 a 25 de outubro
• PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS no correo-e: tripentaterrasdelugo@gmail.com
Dende o 26 ao 30 de outubro.
• PUBLICACIÓN DE CANDIDATURAS na web: www.tripentaterrasdelugo.com
Día 31 de outubro
Presentada unha candidatura única:
Raúl Blanco Porto
Esperanza Cobas Dobarro
Carlos López López
Francisco Javier Ramos Botana
José Rodríguez Macía
José Vila Tur
• RECLAMACIÓNS E PRESENTACIÓN DE IMPUGNACIÓNS
Ata o 3 de novembro
• RESOLUCIÓNS RECLAMACIÓNS E IMPUGNACIÓNS e comezo campaña electoral
Día 4 de novembro
• ELECCIÓNS
Día 8 de novembro dende as 18:30 horas ata as 20:30 horas no salón de actos da Casa do Deporte (Avda. Duquesa de Lugo, s/n)
• ESCRUTINIO E
ASEMBLEA EXTRAORDINARIA DE PROCLAMACIÓN DA NOVA XUNTA DIRECTIVA celebrarase o mércores día 13 de novembro as 19:30 horas en primeira convocatoria e 20:00 horas en segunda convocatoria, no salón de actos da Casa do Deporte (Avda. Duquesa de Lugo, s/n)