Falece JOSÉ ANTONIO BLANCO, Presidente fundador do noso club

Hoxe é un día moi triste para nós, faleceu José Antonio Blanco Vila, Presidente fundador deste club. Lamentamos esta perda tan grande e irreparable, xa que foi un traballador incansable por e para o club e o deporte en xeral. Sempre voluntario e colaborador con varias Federacións e clubs.

Ao longo destes anos, organizamos multitude de eventos, que seguramente, sen a súa predisposición e traballo sería imposible levalos a cabo. Ata o último momento tivo ao club no seu pensamento.

JOSE, sempre estaremos en débeda contigo”. Aínda que esteas lonxe de nós, sempre che reservaremos un oco nos nosos corazóns. Esteas onde esteas, esperamos que sintas a nosa compañía, nós botámosche de menos.

O noso máis sentido pésame á túa familia. D.E. P.

Os comentarios están pechados.