Co fin de velar polo mantemento dun proceso electoral o máis garantista posíbel, cos axeitados prazos de exposición e reclamación.
Derivado dunha serie de acontecementos e resoltas as dúbidas que nos impediron en tempo en forma dispor e publicar o censo nas datas acordadas.
Dende a Xunta Electoral, escollida pola asamblea do clube celebrada o 13 de xaneiro de 2022, tomamos a determinación de adiar os prazos e datas de celebración das eleccións para procurar que ningunha das persoas do Club se vexa afectada de xeito negativo polas nosas eivas.
De ser preciso calquera aclaración ou tedes algunha pregunta facédenola chegar por correo electrónico para poder contestala e tentar resolvela.
Desculpade estimados compañeiros por estes cambios, precisamos ter un proceso electoral participativo e onde ninguén quede fóra pola demora nos prazos.
Unha aperta afectuosa da Xunta Electoral a todas e todos vós.
NOVO CALENDARIO DE ELECCIÓNS Á XUNTA DIRECTIVA
- PUBLICACIÓN DO CENSO ELECTORAL na web: Días 20 e 21 de xaneiro.
- RESOLUCIÓN DE RECLAMACIÓNS Días 22 e 23 de xaneiro.
- PRESENTACIÓN DAS CANDIDATURAS no correo-e: tripentaterrasdelugo@gmail.com Dende o 24 ao 28 de xaneiro.
- PUBLICACIÓN DAS CANDIDATURAS en la web: www.tripentaterrasdelugo.com Día 29 de xaneiro.
- RECLAMACIÓNS E PRESENTACIÓN DE IMPUGNACIÓNS Días 30 e 31 de xaneiro.
- RESOLUCIÓN RECLAMACIÓNS, IMPUGNACIÓNS e inicio da campaña electoral Día 1 de febreiro.
- ELECCIÓNS Día 7 de febreiro (no caso de que haxa máis dunha candidatura, informarase previamente do xeito de proceder o día das eleccións).
- ESCRUTINIO E ASEMBLEA EXTRAORDINARIA 8 DE FEBREIRO. PROCLAMACIÓN DA NOVA XUNTA DIRECTIVA.