Eleccións á Xunta Directiva do Club

Convócanse eleccións á Xunta Directiva desta Asociación e rexeranse polas normas seguintes e o calendario indicado a continuación:

Poderán ser electores os membros da Xunta Directiva e os deportistas do club con licenza en vigor que teñan cumpridos os dezaseis anos na data de celebración das eleccións. No caso de menores terá dereito ao voto o seu representante legal: pai/nai ou titor/titora.

Poderán ser candidatos os electores maiores de idade na data de celebración das eleccións e ter unha antigüidade no club de seis meses como mínimo. No caso dos menores de idade poderá presentarse como candidato o seu representante legal: pai/nai ou titor/titora.

Para exercer o dereito ao voto, os socios deben estar ao corrente dos pagos co club. O día da votación deberán acreditar a súa identidade presentado o seu DNI, Pasaporte ou Carné de conducir, que deberán estar en vigor.

As candidaturas estarán formadas como mínimo por cinco persoas (Presidente/a, Secretario/a, Tesoureiro/a e dous vogais), sen límite máximo, é dicir poden incluír outros cargos como vicepresidente/a, vicetesoureiro/a, vicesecretario/a e ata cinco vocais. O número total de persoas debe ser impar.

A información estará a disposición na web do club (www.tripentaterrasdelugo.com )

No suposto de concorrer unha soa candidatura ás eleccións no momento en que expire o prazo sinalado para a súa presentación, procederase a proclamar directamente. No caso de non presentarse candidatura algunha, formalizarase un novo calendario electoral.

Voto por correo. O voto por correo deberá ser solicitado por correo electrónico (tripentaterrasdelugo@gmail.com ). O prazo para solicitalo é de cinco días naturais desde a data da convocatoria das eleccións. Unha vez recibida a solicitude, comprobarase se o socio ten capacidade de voto e comunicaráselle si dita solicitude foi aprobada. Serán admitidos todos os votos que cheguen por correo certificado ao apartado de correos do Club (Apartado 166, 27080 Lugo) antes do día da votación. O sobre conterá, por unha banda a copia do DNI do socio e por outra un sobre pechado que conterá o nome da candidatura á que vota, que se depositará o día da votación na urna.

CALENDARIO DE ELECCIÓNS Á XUNTA DIRECTIVA
PUBLICACIÓN DO CENSO ELECTORAL na web: www.tripentaterrasdelugo.com
Días 27 ao 28 de outubro
CENSO ELECTORAL
RESOLUCIÓN DE RECLAMACIÓNS
Días 28 ao 30 de outubro
As candidaturas presentadas conteñen defectos de forma, polo que nos vemos obrigados a formular un novo calendario.
PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS no correo-e: tripentaterrasdelugo@gmail.com
Desde o 14 ao 18 de novembro.
PUBLICACIÓN DE CANDIDATURAS na web: www.tripentaterrasdelugo.com
Día 19 de novembro.
RECLAMACIÓNS E PRESENTACIÓN DE IMPUGNACIÓNS
Desde o 19 ao 20 de novembro.
RESOLUCIÓN RECLAMACIÓNS, IMPUGNACIÓNS e comezo campaña electoral
Día 21 de novembro.
ELECCIÓNS
Día 27 de novembro (no caso de que houbese máis dunha candidatura, informarase previamente a forma de proceder o día das eleccións).
ESCRUTINIO E ASEMBLEA EXTRAORDINARIA DE PROCLAMACIÓN DA NOVA XUNTA DIRECTIVA
A asemblea posponse ata novo aviso, unha vez finalizado o Campionato de España de menores de Péntatln Moderno, se é posible farase de forma presencial, se non de forma telemática, informarase con antelación.

Os comentarios están pechados.