Cristóbal Dios participará no Campionato de Europa de Tríatlon M. D.

O noso deportista Cristóbal Dios participará o sábado 27 de outubro (13:30 horas) no Campionato de Europa de Tríatlon de Media Distancia, que se celebrará en Ibiza. Esta proba está incluída no Festival Multideporte que se está a disputar na illa estes días.

Cristóbal será o único galego presente na proba, xa que Gustavo Rodríguez (actual campión de España tanto de media como de longa distancia) non pode participar por culpa dunha lesión.

Cristóbal chega nun bo momento de forma, despois de catro semanas adestrando ben, aínda que “estamos a final de tempada e o corpo está un pouco canso”. Entre os favoritos para facerse co triunfo destacan Giulio Molinari, o eslovaco Kovacic e o bieloruso Vasilevich. En principio, o obxectivo de Dios é lograr meterse no top-10, “sería un bo posto meterse entre os dez primeiros, pero hai bastante nivel”.

As distancias no Europeo de Tríatlon de Media Distancia de Ibiza serán de 1,9 quilómetros de natación na praia Embossa, 90 quilómetros de ciclismo e 21 quilómetros de carreira a pé.

2017. O pasado ano Cristóbal Dios foi 13º do Campionato de Europa de Tríatlon de Media Distancia disputado en Herning (Dinamarca).

Os comentarios están pechados.