Cristóbal Dios participará no Campionato de Europa de Tríatlon de Media Distancia

Cristóbal Dios participará o sábado 10 de xuño (10:00 horas) no Campionato de Europa de Tríatlon de Media Distancia, que se celebrará en Herning (Dinamarca).

Cristóbal será o único galego presente na proba, xa que Gustavo Rodríguez (actual campión de España) optou por estar na espectacular proba de Zarautz. Esta é a primeira tempada do noso deportista na media distancia e cunha moi boa aclimatación. Dios acadou o título de campión galego de Media Distancia en Sanxenxo hai unhas semanas, mentres que no Campionato de España foi noveno.

As distancias no Europeo de Tríatlon de Media Distancia de Herning será de 1,9 quilómetros a realizar no lago Fuglsang, 90 quilómetros de ciclismo e 20,8 quilómetros de carreira a pé (catro voltas de 5,2 quilómetros).

Os comentarios están pechados.