CAMPIONATO DO MUNDO DE BIATLE E TRIATLE, VIVEIRO.

A UIPM (Unión Internacional de Pentatlón Moderno), xunto coa Federación Española de Pentatlón Moderno (FEPM), A Federación Galega de Tríatlon e Pentatlón Moderno (FEGATRI) e a Asociación Deportiva “Tri-penta Terras de Lugo”, organizan o Campionato Mundial de Biathle-Triathle 2017 que terá lugar en Viveiro, Lugo do 20 ao 24 de setembro de 2017.

Os países participantes no Mundial de Biatle (dende a categoría prebenxamín a veterán 70) e Triatle (dende benxamín a veterán 60) son Austria, Alemaña, Bielorrusia, Chipre, Chequia, Ecuador, Exipto, Francia, Gran Bretaña, Irlanda, India, Italia, Kazakistán, Mónaco, Nepal, Paquistán, Portugal, Rusia, España, Ucraína, Sudáfrica.

O Mundial comezará o mércores 20 coa reunión técnica (18:30 horas) e pola tarde farase un desfile polas rúas de Viveiro dos 21 países cos seus deportistas.

O xoves 21 comezará a competición de relevos mixtos de Biatle (carreira, natación, carreira), a partir das 16 horas, no Porto Deportivo de Viveiro. O venres 22 (16:00 horas) será a quenda para os relevos mixtos de Triatle (tiro, natación e carreira). O sábado 23, en xornada de mañá e tarde, serán as finais de Triatle e finalizaremos o domingo 24, tamén en xornadas de mañá e tarde, coa final individual de Biatle.

Programa.

Os comentarios están pechados.