Campionatos de España de Tríatlon Sprint e Acuatlón

Banyoles acollerá esta fin de semana (22 e 23 de xullo) os Campionatos de España de Tríatlon Sprint e Acuatlón, con 2.700 participantes e unha destacada presenza dos nosos triatletas.

O sábado 22 terá lugar o Campionato de España de Tríatlon Sprint. A proba elite feminina comezará ás 18:15 horas coa participación de Edymar e Joselyn Brea. Ás 20:00 horas comezará a elite masculina, con Antonio Serrat e Iago Lorenzo.

No ano 2016, Antonio Serrat acadou o bronce.

O domingo 23 celebrarase o Campionato de España de Acuatlón. A proba elite feminina será ás 13:30 horas e a masculina ás 14:00 horas, as distancias serán de 1.000 metros de natación e 5 quilómetros de carreira a pé.

No ano 2016, Antonio Serrat logrou a medalla de prata no Campionato de España de Acuatlón.

Os comentarios están pechados.