Campionatos de España de Duatlón por equipos e por relevos

Esta fin de semana celebraranse en Boiro os campionatos de España de Dúatlon por equipos e por relevos con máis de 2.100 inscritos entre os cales teremos os nosos equipos feminino e masculino. Estes torneos serán ademais, a primeira e segunda xornada da Liga Nacional de Clubs 2017, respectivamente, na cal participa o noso club.

Na proba por equipos masculino estaremos representados por: Gustavo Rodríguez, Cristóbal Dios, Antonio Serrat, Iago Lorenzo, Jesús Rego e Diego Pérez Vieites; en equipos feminino: Marina González, Edymar Brea, Paula Villapol, Joselyn Brea, Iria Di Jhon e María Souto e na proba de relevos por: Gustavo Rodríguez, Cristóbal Dios e Antonio Serrat; Marina González, Edymar Brea e Paula Villapol.

O Campionato de España de Dúatlon por equipos celebrarase o sábado 11 de marzo a partir das 13:00 horas. Esta proba disputarase sobre a distancia sprint (5 quilómetros de carreira a pé, 18 quilómetros en bicicleta e 2,5 quilómetros de carreira a pé). Cada equipo pode estar formado por entre 4 e 6 integrantes, que terán unha saída individualizada por club e o tempo queda marcado polo cuarto integrante que chega á meta.

O domingo 12 de marzo celebrarase o Campionato de España de Dúatlon por relevos. Esta modalidade, bastante recente, resulta moi atractiva e espectacular para o público. Terá lugar o domingo a partir das 9:00 horas. Neste torneo os equipos están formados por tres deportistas e cada un deles realizará un pequeno dúatlon (1,5 quilómetros de carreira a pé, 5,3 quilómetros de bicicleta e 750 metros de carreira a pé).

Os comentarios están pechados.