Campionato de España de Dúatlon de Media Distancia

Este domingo 5 de marzo celebrarase en Orihuela (09:00 horas) o Campionato de España de Dúatlon de Media Distancia, con varios dos nosos deportistas entre os inscritos. As distancias neste campionato de media distancia serán de 14,9 quilómetros de carreira a pé, 66 quilómetros de bicicleta e finalizarán con 8,1 quilómetros de carreira a pé.

Gustavo Rodríguez , que o pasado ano venceu nesta mesma proba en Orihuela, parte coma un dos favoritos para loitar polo título xunto a Raúl Amatriain (campión de España 2015) ou Pablo Martín (prata no 2016). Ademais, tamén participarán polo noso club, Cristóbal Dios, Diego Pérez e Roberto Martínez, que tentarán facer un bo papel.

Os comentarios están pechados.