Antonio Serrat participará no Campionato de Europa de distancia sprint de Düsseldorft

O vindeiro sábado 24 de xuño celebrarase unha nova edición do Campionato de Europa de distancia sprint na cidade alemá de Düsseldorft coa presenza do noso triatleta Antonio Serrat.

A proba consta de 750 m no río Rin, posteriormente o sector de ciclismo son 20,8 km divididos en 4 voltas de 5,2 km. O circuíto consta de dous partes diferenciadas, unha primeira máis técnica e revirada e unha segunda máis rápida con traxecto de ida e volta pola ponte de Rheinkniebrücke. Por último, a carreira a pé consta de dúas voltas a un circuíto de 2,5 km ata completar o 5 km do sector.

En categoría masculina o principal favorito é o vixente campión, o francés Vicent Luís, xunto co portugués Joao Pereira quen fai uns días proclamouse Campión de Europa (en distancia olímpica).

Antonio Serrat tamén ten opcións, xa que chega en bo momento de forma como demostrou a semana pasada no Campionato de Europa de Kitzbühel.

Os comentarios están pechados.