Antonio Serrat participa na Copa do Mundo de Cagliari, Italia

O domingo 4 de xuño celebrarase a Copa do Mundo de Cagliari (Italia), proba na que participará Antonio Serrat.

Despois da Copa do Mundo de Madrid, nova proba da Copa do Mundo, esta vez en Italia. A lista de saída é espectacular con triatletas como: Simon Viain, que foi terceiro en Madrid; Kevin McDowell, 5º e outros como Henri Schoeman, Jonathan Brownlee ou Andreas Schilling (quinto na Serie Mundial de Yokohama). O pasado ano, Antonio Serrat logrou a novena posición tras facer unha gran remontada. A proba masculina comezará ás 12:30 horas.

A Copa do Mundo de Cagliari celébrase sobre a distancia sprint, de forma que as e os deportistas terán que facer 750 metros de natación, 18 quilómetros de bicicleta e 5 quilómetros de carreira a pé.

Os comentarios están pechados.