Antonio Serrat na Copa do Mundo de Mooloolaba

Antonio Serrat participará este sábado (15:00 local e nove horas menos en España) na segunda proba das Copas do Mundo da presente tempada, que se celebrará en Mooloolaba (Australia).

O noso deportista viaxou dende Abi Dhabi en dirección a Australia para competir nesta proba e seguir sumando puntos no ranking mundial. As sensacións, polo momento, non son moi boas para Antonio. Despois de dúas carreiras moi duras en Abu Dhabi, realizou unha longa viaxe e coa diferenza horaria, estalle costando adaptarse. Ademais, fai moita calor e humidade. Pero aínda faltan máis de 24 horas para a disputa da proba, polo que tanto o triatleta como o seu adestrador Omar González, confían en que as sensacións vaian mellorando.

Antonio Serrat partirá co dorsal número 4 e se se atopa en boas condicións, debería estar na loita polos primeiros postos da clasificación. Entre os favoritos están Pevtsov, Chente Hernández ou o australiano Bailie, entre outros.

A Copa do Mundo de Mooloolaba celébrase sobre a distancia sprint, de forma que as e os deportistas terán que facer 750 metros de natación, 20 quilómetros de bicicleta e 5 quilómetros de carreira a pé.

Os comentarios están pechados.