Dous compoñentes do Tri-Penta Terras de Lugo competiron o pasado 7 de marzo no europeo de Duatlón de Punta Umbría. E fixérono ao grande.
As irmás Brea asinaron unha excelente actuación. Por unha banda, Jocelyn estreou a nacionalidade española cun bronce europeo. Un terceiro posto que logrou grazas á superioridade amosada na carreira a pé respecto ao resto de duatletas que a disputaron.
A austríaca Lisa Perterer e a británica Beth Potter levaron o ouro e a prata.
Pola súa banda, Edymar ocupou o décimo segundo posto cunha carreira sensacional.
Parabéns para as dúas!
FOTO: S. Smith (ETU)