Antonio Serrat logrou a medalla de prata na Copa do Mundo de Tríatlon disputada este sábado na localidade chinesa de Weihai, conseguindo así o seu mellor posto nunha proba da Copa do Mundo.
Serrat estivo ben colocado e atento durante toda a proba. Na natación saíu no primeiro grupo. Logrou terminar en segunda posición nunha proba na que participaron moitas das grandes figuras do tríatlon internacional e con moitos compañeiros asiduos ás competicións das Series Mundiais.
A vitoria foi para o noruegués Gustav Iden, quen xunto a Serrat controlou a competición desde o segmento ciclista e loitando polas medallas nos últimos 10 quilómetros de carreira a pé. En terceiro lugar clasificouse o británico Le.
A Copa do Mundo de Weihai dispútase sobre a distancia olímpica e nun circuíto bastante esixente, principalmente no sector de bicicleta, aínda que ao noso deportista parece que se lle dá bastante ben, xa que o pasado ano Antonio foi bronce.