Fernando Alarza obtivo unha espléndida sétima praza nas Series Mundiais de Yokohama, Xapón, entrando no top-ten da competición. A proba ganouna o noso compatriota Javier Gómez Noya.
En elite feminina María Ortega, foi a mellor española, ocupou a 28ª posición, estivo entre as primeiras na natación e na bicicleta, pero pagou o esforzo no último segmento, de todas as maneiras cumpriu o seu obxectivo que era puntuar para o ránking.
