Fernando Alarza logrou un magnífico sétimo posto na Copa do Mundo de Mooloolaba (Australia), primeira Copa do Mundo da tempada. O outro representante da Federación Galega de Tríatlon e do noso club Ricardo Hernández, ocupou una posición máis discreta, rematou no posto 33. Fernando foi crecendo na proba. Tras unha natación discreta, recuperou na bicicleta onde estivo entre os mellores e confirmou a sétima posición na carreira a pe. O deportista amosábase satisfeito co seu rendemento nesta proba, con triatletas do moi bo nivel. Pola súa banda, Ricardo perdeu vinte segundos na natación, fixo unha moi boa bicicleta, pero estivo bastante frouxo na carreira a pe, polo que rematou a proba na posición 33.
Fernando Alarza sétimo na copa do mundo de Mooloolaba
Posted on
