Final Galega de Dúatlon Escolar en Portosín, A Coruña

Portosín acollerá este sábado 10 de maio  a final galega de Dúatlon Escolar do programa “Xogade”, na que participarán 180 nenos e nenas, que veñen de lograr a súa clasificación nas fases provinciais disputadas con anterioridade (clasificáronse os oito primeiros de cada categoría, masculina e feminina, así coma os dous primeiros equipos por categoría e sexo).

Os clasificados do noso club foron:

APELIDOS NOME CATEGORIA
CORRAL GALLEGO AINHOA BXF
GAMEZ BENITEZ CLAUDIA BXF
VILA VEIGA MERCEDES BXF
LOPEZ SAAVEDRA OSCAR BXM
RIVAS GUEIMONDE JESUS BXM
RODRIGUEZ   FIDALGO YOLANDA CDF
ROMERO   REGUEIRO TANIA INF
VIDAL LAMAS ANDREA INF
FREIJE TORNEIRO MARTIN INM

A primeira saída, que se realizará no Porto de Portosín, está prevista para as 11:30 horas (benxamín) e a última ás 13:20 horas (cadete). As distancias son diferentes segundo a categoría. Desta forma, en benxamín as e os deportistas correrán 500 metros, farán 2 quilómetros en bicicleta e correrán 250 metros; en alevín as distancias son de 1 quilómetro (carreira), 4 quilómetros de bici e 500 metros de carreira a pe; en infantil 1,5 quilómetros de carreira, 6 quilómetros de bicicleta e 750 metros de carreira e, por último, en cadete son 2 quilómetros de carreira a pe, 8 quilómetros de bicicleta 1 quilómetro de carreira.

 “Xogade” está desenvolvido pola Secretaría Xeral para o Deporte, en colaboración coa FEGATRI.

Los comentarios están cerrados.