COPA PANAMERICANA DE TRÍATLON

Destacada actuación dos nosos deportistas na Copa Panamericana de Triatlón ITU celebrada o 16 de febreiro na localidade arxentina de Mendoza, na que Fernando Alarza foi medalla de bronce con moito mérito, xa que tivo que recuperar tempo perdido por culpa dunha picada na roda da bicicleta. Pero foi remontando posicións ata lograr subir o pódium.

Por detrás, hai que destacar outros bos resultados: cuarta praza de Nan Oliveras; quinta de Ricardo Hernández que permaneceu no grupo dianteiro e se mantivo na loita polo podio durante boa parte da contenda, e Antonio Serrat entraba nunha meritoria sexta posición.

Iñaki Baldellou tivo que retirarse no transcurso da competición.

Os deportistas indicados están no  grupo de rendemento do CGTC (Centro Galego de Tecnificación Deportiva) e iniciaron a principio de febreiro unha concentración en Chile á que os triatletas becados en Pontevedra acoden co obxectivo de sumar puntos internacionais en tres probas ITU. A de Mendoza foi a primeira das previstas.

Los comentarios están cerrados.