Terras-de-lugo-600pxSomos unha Asociación Deportiva creada a finais do ano 2013, a nosa sede está en Lugo, de onde son unha gran parte dos nosos deportistas, pero tamén contamos con moitos doutras comunidades e mesmo algún estranxeiro. Temos federados Pentatletas e Triatletas, nun amplo abano de idades que van dende nenos e nenas en idade escolar ata veteranos/as, algúns dos cales está na elite tanto nacional coma internacional.

A nosa finalidade é potenciar a práctica do Triatlón e Pentatlón, mellorar o desenvolvemento físico e intelectual, fomentar o traballo en equipo, o compañeirismo, a igualdade e prevención contra a drogadicción. Participar no maior número posible de competicións, dende probas locais a eventos internacionais, intentando conseguir os resultados máis satisfactorios para os nosos atletas.

Contamos cos adestradores:
Omar González Sampedro
e
Javier García Morado.

XUNTA DIRECTIVA

  • Presidente: José Luis Méndez Ruiz
  • Vicepresidenta: Mª Jesús Dobarro Freitas
  • Secretario: Francisco Villanueva González
  • Tesoureiro: José Antonio Blanco Vila
  • Vogal: José Antonio Freije Vilar
  • Vogal: José Rodríguez Macía
  • Vogal: Aroa Freije Torneiro