Este domingo día 20 celebrouse en Santander o Campionato de España de categorías menores de Péntatlon Moderno, o noso club acudiu a cita con 13 deportistas das categorías prebenxamín, benxamín, alevín e infantil, e unha sub 19, que participou fóra de concurso. En total houbo cinco ouros, tres pratas e 1 bronce.
Na categoría infantil (sub 15) masculina, Óscar López logrou proclamarse campión de España, mentres que Iván Rego foi prata. Na categoría feminina, o ouro foi para Claudia Gámez, con Mercedes Vila na segunda posición.
En alevín (sub 13) Mencía Rego logrou o título de campioa de España na categoría feminina. Na masculina, Manuel Cobas foi cuarto clasificado.
En benxamín feminino (sub 11) Mireia Vázquez logrou a medalla de ouro, mentres que Mireia Vila foi cuarta clasificada e Carla Cortón, quinta. Na proba masculina, Héctor López acabou cuarto.
Por último, en prebenxamín, podio completamente galego. Thalia Lobina foi ouro, Ariadna Maira conseguiu a prata e Lucía Méndez, bronce.