Memoria anual 2019

Este ano 2019 é o sexto que levamos competindo e realizando actividades deportivas relacionadas cos nosos deportes, por eso queremos agradecer a todos aqueles e aquelas que traballaron e traballan para conseguir que este modesto club, conseguise grandes éxitos ao longo destes anos, especialmente aos deportistas e adestradores. Tamén queremos dar as grazas as institucións, empresas e particulares que coas súas achegas e/ou medios nos axudaron ao longo deste tempo.

Durante este ano aumentamos un 20% o número de licenzas e tamén aumentamos a participación en competicións nun 40%. En Tríatlon os nosos deportistas tomaron parte en 29 probas internacionais, 36 nacionais e 31 autonómicas; En Péntatlon Moderno, 4 internacionais, 9 nacionais e 2 autonómicas.

Foi un ano duro, xa que se nos lesionaron varios deportistas en plena tempada, pero o peor de todo foi a perda do noso amigo, compañeiro e Presidente fundador do Club “José Antonio Blanco”, un traballador incansable sin o cal a nosa entidade, sen lugar a dúbida, non chegaría a donde chegou.

A continuación destacamos algúns dos logros deportivos máis relevantes acadados nesta última tempada, xa que enumerar todos faría unha lista moi longa.

Podiums por Club (categoría élite e absoluta)

• Campión de España de Dúatlon Relevos femininos
• Subcampión de España de Biatlón Relevos Mixtos
• Medalla de bronce no Cpto. de España de Biatlón Relevos Mixtos
• Medalla de bronce no Cpto. de España de Dúatlon contrarreloxo feminino
• Campión Galego masculino de Tríatlon Olímpico.
• Campión Galego feminino de Tríatlon Olímpico.
• Campión Galego feminino de Dúatlon.
• Campión masculino do Half Tríatlon Sevilla.
• Campión feminino do Dúatlon Concello de Lugo
• Subcampión masculino do Dúatlon Concello de Lugo
• Subcampión feminino do Tríatlon do Miño.

Podiums por Club (categorías menores)

• Campión de España de Biatlón Relevos Mixtos Sub19
• Campión de España de Biatlón Relevos Mixtos infantil
• Subcampión de España de Biatlón Relevos Mixtos junior

Podiums individuais (categoría élite e absoluta)

• Campioa do mundo de Acuatlón
• Campión de España de Dúatlon Media Distancia
• Campioa de España de Dúatlon por clubes 1º división
• Campión de España de Tríatlon por clubes 3º división
• Subcampión de España de Tríatlon por clubes 3º división
• Campioa e subcampioa de España de Tríatlon por clubes 3º división
• Campión e medalla de bronce mas. no Cpto. de España de Laser Run
• Campión e medalla de bronce mas. no Cpto. de España de Triatle
• Subcampión de España de Biatlón
• Medalla de bronce mas. e fem. no Campionato de España de Biatlón
• Campión e Subcampión Galego de Tríatlon Olímpico
• Campión Galego de Tríatlon Olímpico sen drafting
• Campión Galego de Campo a través
• Subcampioa Galega de Dúatlon
• Subcampioa Galega de Tríatlon Sprint
• Medalla de bronce fem. Campionato Galego de Tríatlon Olímpico
• Medalla de bronce fem. no Campionato Galego de Tríatlon Olímpico sen drafting
• Subcampión de Asturias de Tríatlon M.D.
• Medalla de bronce Half Tríatlon Sevilla
• Campión Half Tríatlon La Rioja

Podiums individuais (categorías menores)

• Campioa e Subcampión Galego de Tríatlon olímpico sub23
• Campioa de España Sub 19 e Junior de Laser Run e Triatle
• Subcampioa e medalla de bronce mas. no Cpto. de España Junior de Biatlón
• Subcampioa e Subcampión de España Sub 19 de Biatlón
• Campioa de España Sub 17 de Biatlón
• Subcampioa de España e medalla de bronce fem. Sub 17 de Laser Run e Triatle
• Campión, Subcampión e medalla de bronce mas. no Cpto. de España de Laser Run e Triatle Sub17
• Campioa Madrileña de Dúatlon Cross escolar cadete
• Campión de España Sub 15 de Biatlón, Laser Run e Triatle
• Campión Galego de nada corre infantil
• Subcampión Galego de Dúatlon escolar e acuatlón infantil
• Campioa, Subcampión e medalla de bronce mas. no Cpto. de España de Biatlón Sub13
• Campión e Subcampión de España Sub 13 de Laser Run
• Subcampioa de España e medalla de bronce fem. Sub 13 de Laser Run
• Campión e subcampioa de España Sub 13 de Triatle
• Subcampioa de España e medalla de bronce mas. Sub11 de Laser Run e Triatle
• Subcampión de España Sub 11 de Biatlón
• Medalla de bronce fem. no Campioato de España Sub 11 de Biatlón
• Campioa, subcampioa e medalla de bronce fem. no Cpto. de España de Biatlón Sub9
• Campioa e medalla de bronce fem. no Cpto. de España de Laser Run Sub9
• Campioa e subcampioa de España de Triatle Sub9

Ademáis das competicións nas que participaron os nosos e as nosas deportistas, organizamos e colaboramos con diferentes Federacións e Institucións en varios eventos e actividades deportivas, das cales queremos facer unha pequeña referencia:

Eventos deportivos:

• Copa internacional de Péntatlon Moderno e Laser Run, Lugo
• Campionato Galego de Péntatlon Moderno cat. Menores, Lugo
• Final provincial Dúatlon Escolar, Mondoñedo
• Campionato de España de Péntatlon Moderno categorías menores, Los Corrales del Buelna, Cantabria

Escola deportiva

Este ano a Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno optou por desfacerse das escolas deportivas que viña tendo dende facía anos, polo que o noso club decidiu crear unha escola propia, de Tríatlon e Péntatlon Moderno, na que adestramos en todas as disciplinas dos nosos deportes, dende nenos e nenas en idade escolar ata adultos de calquer idade.
Os adestramentos se levan a cabo principalmente nas instalacións municipais (Piscina Pedreiras e pistas Atletismo Gregorio Rivera).

Os comentarios están pechados.