IV Copa Internacional de Péntatlon Moderno

Esta fin de semana (27 e 28 de abril) celebrarase a IV Copa Internacional de Pentatlón Moderno (categorías menores) e Laser Run Cidade de Lugo, na que participarán deportistas de distintas partes do Estado español e de Portugal. Ademais, estas probas serán tamén os campionatos galegos de Péntatlon Moderno (categorías menores) e Laser Run (absoluto). As probas disputaranse no Centro deportivo Forus, excepto a natación, que se realizará nas piscinas municipais de Frigsa.

Hoxe venres, tivo lugar no Concello de Lugo o acto de presentación do evento no que estiveron presentes o vicepresidente da Federación Española de Péntatlon Moderno, Paco Villanueva; o concelleiro de Deportes, Miguel Fernández; o noso presidente, José Luis Méndez e o Director do Centro Deportivo Forus, Asier Loriente.

O sábado (16:30 horas) celebrarase a proba de Láser Run (carreira e tiro), que está aberta a todas as categorías e na que tamén se decidirán os campións galegos desta modalidade. O sábado tamén se celebrará a competición de esgrima, correspondente á proba que se disputará o domingo.

O domingo (a partir das 8:30 horas) terá lugar a Copa Internacional de Péntatlon Moderno de categorías menores. Tamén será o Campionato Galego de categorías menores.

Os comentarios están pechados.