II Laser Run para Down Lugo

Debido ao éxito obtido na primeira edición, celebrada fai algo máis dun ano, o noso club, organiza este sábado día 27 a II xornada de Laser Run para a Asociación Down Lugo, co fin de fomentar a práctica do deporte dentro deste colectivo, así como a súa integración social.

O Laser Run é unha disciplina encadrada dentro do Pentatlón Moderno, na que os participantes practican o tiro de precisión con pistolas Laser e a carreira a pé.

Na actividade colaborarán os deportistas do noso Club e monitores da Asociación Down, que acompañaron ao colectivo Down en todo momento.

Ao finalizar a xornada repartiranse diplomas aos asistentes e ofrecerase unha merenda.

Este evento levará a cabo no polideportivo do Centro de Educación Especial Santa María a partir das 16:30 h.

Os comentarios están pechados.