Fernando Alarza casouse

Este sábado o noso triatleta Fernando Alarza, contraeu matrimonio con Marta Vega, a súa noiva ‘de toda a vida’. A cerimonia foi oficiada en Talavera polo alcalde da cidade, Jaime Ramos, que dixo que para el foi “unha honra” e desexou “o mellor na súa nova etapa” á feliz parella.

Fernando a parte dunha belísima persoa é un dos mellores triatletas españois, Este ano finalizou o campionato do mundo en quinto lugar, a pesar de que durante varias competicións perseguiulle a mala sorte. Acabou a tempada hai unha semana logrando o triunfo no Barcelona Tríatlon.

DESDE O NOSO CLUB TRANSMITIMOS A FERNANDO E A MARTA O PARABÉN E DESEXÁMOSVOS A MAIOR FELICIDADE E OS MAIORES ÉXITOS NESTA GRAN CARREIRA QUE COMEZASTES XUNTOS.

Os comentarios están pechados.