Dúatlon Cidade de Lugo

Este domingo 11 de febreiro celebrarase o XXVIII Dúatlon Cidade de Lugo, primeira proba do Circuíto Galego de Dúatlon 2018.

A proba, que se celebra sobre a distancia sprint (5 quilómetros a pé, 20 quilómetros en bicicleta e 2,5 de carreira a pé), ten como punto de saída, transición e chegada o Pazo de Congresos. A proba feminina comezará ás 11:30 horas, mentres que a masculina terá dúas saídas (10:00 sen corte e 11:20, con corte).

Os nosos deportistas que participarán son: Luis Miguel Velásquez e Antonio Souto na proba masculina e Marina González, Barca Toba e María Souto na feminina.

O Circuíto Galego de Dúatlon 2018 conta con 4 probas (Cidade de Lugo, Cidade de Santiago, Concello de Riveira e Cidade de Vigo), que son clasificatorias para o Campionato Galego, que se celebrará en Narón o 14 de abril. Clasificaranse en cada unha delas 22 deportistas segundo as condicións aprobadas no Regulamento de Competicións FEGATRI 2018.

Os comentarios están pechados.