Os nosos deportistas que forman parte do Grupo de Alto Rendemento do CGTD remataron a súa xira por Arxentina e Chile cunha magnífica actuación na Copa Panamericana de Valparaíso (Chile), celebrada este domingo día 30. Na categoría masculina Nan Oliveras quedou terceiro e Antonio Serrat quinto, Iñaki Baldellou tivo que abandonar a proba na carreira a pe. Na proba feminina, María Ortega, tivo que abandonar por unha caída. O equipo dirixido por Omar González regresa despois de case dous meses de adestramentos e competicións.
Nan Oliveras, bronce, na copa Panamericana de Valparaíso.
Posted on